25 junho 2009
JESUS MADRIÑAN
Entrevista | Jesús madriñán
Fotógrafo que expone en la Zona C
«Retrato o que me rodea cos parámetros da publicidade»
O xove compostelán mostra por primeira vez a súa obra artística na sala municipal Zona C
Onte inaugurou a súa primeira exposición na cidade «e en calquera lugar», un reto que o fotógrafo Jesús Madriñán (Compostela, 1984) valora cos pros e os contras que, ao seu xuízo, conleva expoñer co respaldo dun premio e o do Concello, e a responsabilidade que iso supón «para un principiante coma min». A mostra, que estará aberta na sala de Bonaval ate o 20 de setembro, titúlase En branco e ten de comisaria a outra novel, Clara Rodríguez Cordeiro.
-¿A fotografía é o seu soporte creativo habitual?
-Si, traballo sempre coa fotografía, pero en constante evolución. Especialiceime en Deseño e Imaxe en Belas Artes de Barcelona, despois de facer o primeiro ciclo en Pontevedra, e o que me gusta e retratar o que me rodea dentro dos parámetros da publicidade.
-¿Iso explica a fantasía das fotos que presenta?
-O concepto é a irrealidade, certa maneira a capacidade de soñar, xogando coa sorpresa dos espectadores ao introducilos nunha realidade onírica.
-¿É un traballo novo?-O tipo de personaxes das imaxes son os que utilizo sempre, pero o proxecto para esta sala ten que ser específico, porque se trata de dialogar co espazo. É o punto forte de expoñer aquí, porque non serven as fotografías convencionais.
-¿En que consiste a proposta que presenta?
-En converter o propio espazo en obra de arte, facer que sexa el mesmo unha fotografía e que esta sexa á súa vez o espazo. O soporte non é o papel, senón a sala, a base de vinilos transparentes. Para iso utilicei unha técnica usada no Renacemento para crear efectos ópticos, a anamorfose, que en grego significa transformación, e que penso que non se usara antes en fotografía. O que conseguín é que á medida que entras na sala as cinco imaxes doutros tantos personaxes vanse deformando cada vez máis. O espectador ve as fotos e forma parte delas, habítaas e ten outra visión da realidade.
-Este é un proxecto que parte do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica da USC. ¿Como naceu?
-O máster organizou un certame de arte específico de comisariado, e Clara Rodríguez, que é a comisaria da exposición e era alumna deste programa, propúxome montar esta mostra, porque coñecía a miña liña de traballo. Así que preparamos un proxecto de maneira conxunta e foi o que gañou o primeiro premio.
-¿Que significa esta primeira exposición?
-É un reto moi importante, porque traballar para esta sala é facelo coas cartas enriba da mesa. Non é o mesmo empezar expoñendo en pequenos espazos que facelo nun avalado polo Concello, cando se trata de saír adiante e darse a coñecer como principiante. Iso é unha gran sorte, pero tamén é unha gran responsabilidade, porque estás arriscando moito. Pero diso se trata.
texto extraído de la voz de galicia
................................................
La inaguración fué genial, un lugar de encuentro de amig@s, modelos, famosos... y sobre todo, unas fotos geniales de Jesús, mis más sinceras enorabuenas al artista!!esperemos que vuelva de Londres con intención de quedarse en Galicia, aquí queremos y necesitamos gente como tú!!
más sobre su trabajo en:
JESÚS MADRIÑÁN
Subscrever:
Mensagens (Atom)