18 setembro 2009

EGO 2009

LA REPRESENTACIÓN GALLEGA DE ESDEMGA EN
EL EGO DE CIBELES 2009 ;)
ENORABUENA CHICAS!!


Marta Montoto

Amai Rodríguez

VALDNAD

CIBELES 25años

A Cibeles Madrid Fashion Week celebra desde hoxe até o próximo 22 de setembro unha convocatoria emblemática, coincidindo cos seus 25 anos de traxectoria e as suas 50 edicións.
Este ano haberá 47 desfiles e 91 será o número de deseñadores que mostrarán o seu traballo; entre os seus festexos haberá unha merecida homenaxe a un dos mestres da moda española: Elio Berhanyer.
Para celebrar todo estes anos de Pasarela Cibeles volven desfilar dous grandes deseñadores: Roberto Verino e Adolfo Domínguez.
Hoxe abrirase esta edición tan especial cos desfiles dunha ducia de novos deseñadores que darán a coñecer as suas creacións dentro do espazo EGO. Entre eles, nomes como Marta Montoto, Valdnad, Sara Coleman ou Amai Rodriguez, que saen de Galiza para levar até Madrid o resultado do intenso traballo que durante meses realizaron nos seus talleres.
E non nos podemos esquecer de botar un ollo até New York onde se ampliou o número de criadores que mostran as suas propostas na gran mazá. David Delfín escolleu novamente este lugar para poñer ante o público por segunda vez a sua nova colección; e outros deseñadores como Juanjo Oliva, Ana Locking, Duyos ou Carmen March levaron a cabo unha presentación virtual das suas propostas.
Este paso tan significativo, de criadores que saltan ao escenario da moda internacional, adquire unha especial importancia para a moda española e vai ter evidentes repercusions, que esperamos sexan en todo momento positivas, para os/as criadores/as mais novos/as que queren abrirse un hoco no amplo e plural escenario da moda.


Sarai Fernández Marqués.
XORNAL DEGALICIA