A festa de aniversario nunha fin de semana
Do 20 ao 22 de xuño, o CGAC celebrará publicamente o seu aniversario cunha serie de actividades especiais que coinciden coa presentación pública do proxecto SITUACIÓN. O programa de actividades, elaborado na súa parte musical coa colaboración do colectivo Sinsalaudio, é unha mostra de de diferentes medios e potencialidades que teñen cabida no centro. O carácter festivo e celebratorio é matizado pola calidade, pola intención de prospección no futuro e de apoio e difusión de certas propostas baseadas na experimentación cos varios públicos do museo. Esta vontade de atender a diversos tipos de públicos vén encaixar cunha intención relacional: promover un intercambio continuo, un diálogo entre o interese local e a vangarda internacional. A consecución dunha implicación leva consigo a madurez dunha comunidade. A celebración ten o sentido de apuntar cara a aquilo que ha de vir, sexa o que for; coma na canción de The Velvet Underground, All Tomorrow’s Parties (Todas as festas do mañá).
MAIS INFORMACIÓN
www.cgac.org
Sem comentários:
Enviar um comentário