As alumnas de ESDEMGA estamos de noraboa e celebramos os éxitos das nosas compañeiras.
Amai Rodríguez Coladas, recén titulada na primeira promoción de ESDEMGA, que xa fora premiada coa Mención Especial do Xurado no desfile Debut 07, e seleccionada para desfilar no Ego de Cibeles en Febreiro de 2008, AGORA única española seleccionada para participar no ITS FASHION SHOW de Trieste (Italia).
Do 17 ao 19 de xullo Amai Rodríguez presenta as súas propostas na pasarela ITS. ITS é unha plataforma internacional para mentes creativas que xa vai pola sétima edición e que ten tres apartados, moda, complementos e foto. No concurso de moda novos deseñadores son seleccionados de todas partes de mundo e se brinda a oportunidade de mostrar os seus traballos e de encontrarse con diferentes representantes da industria da moda obtendo oportunidades laborais.
Máis información na web do concurso: http://www.itsweb.org/jsp/en/newsdetail/selectedid_210.jsp
PARABENS AMAI!!!!!!!!!!!
2 comentários:
estáis que os salís todas!
felicidades!!
un besico
izas
JOLIN, QUE BIEN, NO?? BUENO, PRIMERA PROMOCIÓN BIEN, BIEN!! JO, SE OS EXA DE MENOS!!! A VER SI OS HAGO OTRA MINI VISTA A VUESTRA CASA. BIKOSS
Enviar um comentário